Un ano máis, Brincacibrao (3-14 de xullo) contribuíu a que moitas parellas poidesen conciliar a vida laboral e familiar e a que 75 nenos e nenas de 6 a 12 anos aproveitasen as vacacións escolares para aprender e divertirse. Varios monitores da empresa Saudeter de ocio, tempo libre e dinamización social e cultural, contratada polo Concello de San Cibrao das Viñas, encargáronse de levar á práctica un variado programa no que tiveron especial protagonismo as manualidades e os xogos cooperativos. Houbo tamén inchables, un circuito de tráfico, unha festa de escuma e a despedida, con entrega de agasallos aos participantes, nas piscinas municipais de Ponte Noalla.
Novas experiencias lúdicas, en Brincacibrao
Imaxes 1 de 1