A Biblioteca Municipal de San Cibrao das Viñas pon en marcha novas actividades para coñecer a cultura e o idioma de outros países:
Queres aprender inglés xogando?
👉 Se tes entre 5 e 10 anos achégate á biblioteca e poderás participar no noso contacontos en inglés, faremos xogos, adiviñas, cantaremos e pasarémolo moi ben.
⏰ Todos os xoves de 18.00 a 19.00 h.
📌 Podes inscribirte presencialmente ou chamando ao teléfono 988 382 809. Tamén tes a posibilidade de enviar un email a biblioteca@sancibrao.es.
Coñece a lingua italiana a través da súa cultura, a súa gastronomía, a súa música …. Acompáñanos a coñecer este marabilloso país, a través dunha viaxe, dende a biblioteca, polas máis bonitas cidades italianas. Divertirémonos moito. Animádevos!
⏰ Todos os mercores de 18.00 a 19.00 h.
📌 Podes inscribirte presencialmente ou chamando ao teléfono 988 382 809. Tamén tes a posibilidade de enviar un email a biblioteca@sancibrao.es.
Todo isto e moito máis aquí!
Biblioteca Municipal San Cibrao das Viñas | Rúa principal nº 37.