Medio ambiente asesorará ao Concello para declarar espazo natural de interese local a Boutureira

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha reunión por videoconferencia con Manuel Pedro Fernández Moreiras, ao que lle recordou que esta figura ten por obxecto garantir a conservación, uso sostible, mellora e restauración do patrimonio natural e da biodiversidade galega.

A Bouteira Espazo natural de interese local
A Xunta de Galicia asesorará e colaborará co Concello de San Cibrao durante a tramitación e traballo necesario para declarar a zona da Boutureira, como un Espazo natural de interese local A Xunta de Galicia asesorará e colaborará co Concello de San Cibrao durante a tramitación e traballo necesario para declarar a zona da Boutureira, como un Espazo natural de interese local

A Xunta de Galicia asesorará e colaborará co concello de San Cibrao das Viñas durante a tramitación e traballo necesario para declarar a zona da Boutureira, como un Espazo natural de interese local (Enil).

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo unha reunión por videoconferencia co rexedor local, Manuel Pedro Fernández Moreiras, ao que lle explicou que esta figura está recollida na nova Lei de Patrimonio Natural, aprobada polo actual Goberno, para facilitar unha xestión equilibrada deste tipo de espazos cun valor natural engadido.

Recordou que a figura do Enil, recollida na Lei de Patrimonio, ten como obxectivo principal garantir a conservación, uso sostible, mellora e restauración do patrimonio natural e da biodiversidade galega, integrando este obxectivo nas políticas sectoriais; así como fomentar a información ao público e os mecanismos de colaboración, cooperación e participación da sociedade na consecución destes obxectivos.

A conselleira agradeceu o esforzo e interese do alcalde para impulsar este proxecto e brindou a colaboración da Dirección Xeral de Patrimonio Natural para levar adiante esta iniciativa co fin de poñer en valor as paisaxes desta contorna, xa que ademais de protexer e conservar os seus valores naturais, está a darlle un recoñecemento a un punto do concello e convertelo nun referente de turismo sostible.

 

 

Fonte: Xunta de Galicia