Medidas Coronavirus

D. Manuel Pedro Fernández Moreiras, Alcalde do Concello de San Cibrao das Viñas

Fago saber:
Que seguindo as recomendación do goberno Autonómico sobre a alerta do COVID-19, acordouse adoptar as seguintes medidas en materia de saúde pública en relación coas actividades e servicios públicos locais, co motivo da situación actual,

Suspendese durante 15 días todas as actividades e usos dos seguintes centros municipais:

-Polideportivo municipal.
-Biblioteca municipal.
-Ximnasio municipal.
-Outras actividades de carácter formativo que supoñan concentración de persoas en dependencias ou vía pública.
-Recomendase a non celebración de actividades e festas.

Nas oficinas do Concello suspendese a atención ó público, unicamente se atenderá presencialmente o rexistro xeral en horario de 12:00 a 13:00, no resto de servicios administrativos municipais a atención será exclusivamente telefónica ou telemática, nos casos urxentes e inaprazables deberase solicitar previamente para cada servizo.

Atención telefónica – 988 381 034

Atención telemática, a traves da sede electrónica  https://sancibrao.sedelectronica.es/info.0

Correo electrónico – info@sancibrao.es

Rogase ás persoas maiores, ou patoloxías varias que eviten sair das súas casas.
En Caso de síntomas chamar ó teléfono 900 400 116.

Faise un chamamento á responsabilidade persoal dos veciños de San Cibrao das Viñas, mantendo a calma e evitando desprazamentos na medida do posible.

San Cibrao das Viñas
O Alcalde,
M. Pedro Fernández Moreiras