Kit de protección contra a COVID

O concello de San Cibrao das Viñas, pon a disposición de todos os nenos/as empadroados/as neste Concello e con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, un kit de protección contra a COVID, consistente nunha máscara, un salvaorellas e un estoxo para gardala.

Os interesados neste Kit para os seus fillos, deberán pasarse polas oficinas do Concello a recollelo a partir do día 23 de outubro do 2020.