IV Concurso de Decoración Samaín 2026

O Concello de San Cibrao das Viñas convoca a cuarta edición do Concurso de Decoración de Vivendas e Fachadas de Samaín, baixo o lema: “Se non dá medo, non vale”

O obxectivo do certame é fomentar a participación e a implicación da veciñanza coa festividade de Samaín, premiando a creatividade, a orixinalidade e o espírito festivo. Preténdese que balcóns, ventás, portas, xardíns e fachadas que dean á vía pública se transformen nun escenario arrepiante para que o espírito do Samaín tome vida en cada recuncho do municipio.

👻 Quen pode participar?

Todas as persoas empadroadas e maiores de idade no concello de San Cibrao das Viñas. A montaxe debe realizarse no domicilio da persoa participante (fachada, balcón, ventá, porta ou xardín) e ser visible desde a vía pública.

Aviso: O Concello poderá utilizar as fotografías e vídeos presentados para publicacións en diversos formatos.

📸 Como participar?

Cada concursante deberá enviar dúas fotografías ou/e un vídeo (de duración máxima dun minuto) da decoración ao correo electrónico: cultura@sancibrao.es.

Xunto co material audiovisual, débense incluír os seguintes datos:

  • Título da decoración (a montaxe debe estar en San Cibrao das Viñas)

  • Nome e apelidos da persoa participante

  • Número de teléfono de contacto

  • Lugar de residencia actual

  • D.N.I. (fotografía ou fotocopia)

  • Declaración/comprobación de estar empadroado/a e ser maior de idade

📅 Prazo de admisión: ata o mércores día 05 de novembro de 2026 ás 23:59h.

📞 Para calquera dúbida en relación ás bases, pódese chamar ao teléfono 988 381 034.

⚖️ Avaliación e xurado

O xurado estará presidido pola Alcaldesa (ou persoa que a substitúa) e contará coa participación da Concelleira da Área de Cultura e da Área de Muller, dous membros da comisión organizadora e unha persoa designada entre as Asociacións de Veciños do Concello.

Criterios de valoración (ata 100 puntos):

  • Grao de terror: 25% (25 puntos)

  • Orixinalidade e creatividade: 25% (25 puntos)

  • Iluminación e efectos de son: 25% (25 puntos)

  • Emprego de material reciclado: 25% (25 puntos)

En caso de empate, procederase a unha segunda puntuación. O fallo do xurado realizarase o 20 de novembro de 2026 e farase público sobre as 20:00 horas do día seguinte.

🏆 Premios

O concurso concederá seis premios en metálico:

  • 1º premio: 200 €

  • 2º premio: 175 €

  • 3º premio: 150 €

  • 4º premio: 125 €

  • 5º premio: 100 €

  • 6º premio: 75 €

Anímate a participar e fai que o espírito do Samaín tome vida na túa rúa! 👁️✨

Bases do concurso:
BASES-IV-CONCURSO-DE-DECORACION-DE-FACHADAS-DE-SAMAIN-CON-VISION-DESDE-LA-VIA-PUBLICA-INICIAL-2.pdf