Acaban de ser oficialmente inauguradas as novas instalacións do campo de fútbol de Soutopenedo que conta cun novo céspede artificial.
Ó acto de inauguración, que foi presidido polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, tamén asistiron o delegado en Ourense da Federación Galega de Fútbol, Raul Rois, e o delegado da Xunta para o Deporte Provincial, Manuel Pérez González, entre outras autoridades, que acompañaron á corporación municipal.
Este proxecto supuxo unha inversión de 308.000 euros, sendo a aportación da Deputación de Ournse de 150.000 euros por medio dun convenio de colaboración.
Con este renovado campo, o equipo vai tentar retomar a escola de fútbol, os equipos xuvenís, e atraer de novo o talento local.