III Concurso de Decoración Samaín 2025

O Concello de San Cibrao das Viñas convoca a terceira edición do Concurso de Decoración de Fachadas de Samaín, baixo o lema:

“Este Samaín: O meu pobo dá medo”

O obxectivo do certame é fomentar a creatividade e a participación cidadá, enchendo o municipio dun ambiente terrorífico e divertido propio do Samaín. Preténdese que balcóns, ventás, portas, xardíns e fachadas que dean á vía pública se transformen en escenarios arrepiantes, grazas á imaxinación e ao espírito colaborativo da veciñanza.


🎃 Quen pode participar? 🎃

Todas as persoas empadroadas en San Cibrao das Viñas. A decoración debe realizarse na vivenda propia (fachada, balcón, ventá, porta ou xardín) e sempre visible desde a rúa.

Aviso: O Concello poderá empregar as imaxes e vídeos enviados para difusión en diferentes formatos.


🎃 Como inscribirse 🎃

Cada participante deberá enviar:

  • Dúas fotografías ou/e un vídeo (máx. 1 minuto).

Todas as fotografías das decoracións que se envíen deben conter:

  1. Título (a casa, balcón, ventá, fachada debe estar en San Cibrao das Viñas)

  2. Nome e apelidos da persoa que a envía

  3. Número de teléfono de contacto

  4. Lugar de residencia actual

  5. D.N.I (fotografía ou fotocopia)

  6. Estar empadroado e ser maior de idade

O envío farase ao correo: cultura@sancibrao.es

Prazo: ata o 5 de novembro de 2025 ás 23:59 h

Para dúbidas, pódese chamar ao teléfono 988 381 034.


🎃 Avaliación e xurado 🎃

O xurado estará composto por representantes do Concello e das asociacións veciñais.

Criterios de valoración:

  • Grau de terror: 25%

  • Orixinalidade e creatividade: 25%

  • Coidado e detalle na decoración: 25%

  • Emprego de material reciclado: 25%

En caso de empate, haberá unha segunda votación.

O fallo do xurado realizarase o 18 de novembro de 2025 e farase público sobre as 20:00 horas do día seguinte.


🎃 Premios 🎃

O concurso repartirá seis premios en metálico:

1º premio: 200 €

2º premio: 175 €

3º premio: 150 €

4º premio: 125 €

5º premio: 100 €

6º premio: 75 €


Este Samaín, San Cibrao das Viñas quere converterse nun auténtico pobo do medo.

Anímate a participar e enche as nosas rúas de misterio e moito terror! 🎃

BASES DO CONCURSO:

BASES III CONCURSO DE DECORACIÓN DE FACHADAS DE SAMAIN CON VISIÓN DESDE LA VÍA PÚBLICA INICIAL (1)