III Andaina popular rutas de sendeirismo

C_AND_09_TR_P1_01Terá lugar o vindeiro domingo 20 de setembro de 2009 con saída ás 9:00 horas.

O punto de partida: estará situado na área recreativa de A BOUTUREIRA. Chégase desde Ourense a través da estrada OU-0517, en dirección Ourense - San Cibrao das Viñas - Vilanova - Soutopoenedo - A Merca... No quilómetro 6,500, nada máis pasar o campo de fútbol e as piscinas, estará sinalizada a entrada cara á Boutureira.

Localización GPS da entrada á Boutureira en WGS84 para empregar nos GPSs de uso corrente.

GPS: 42º15'58"N, 7º53'01"W

Percorrido

Vaise realizar sobre unha distancia aproximada de 21,5 quilómetros, e constará de dous tramos de forma circular, con punto central en A BOUTUREIRA, podendo cada participante remata-lo percorrido ó final de cada tramo.

TRAMO 1º: A Boutureira - Montelongo de Arriba - Penedo - A Torre - A Boutureira. Distancia:11,300 quilómetros.AND.09.PERFIL.TRAMO.1

TRAMO 2º: A Boutureira - Vilanova - Outeiro Calvo - Muiño Victoria (tramo alternativo) - A Boutureira. Distancia: 10,200 quilómetros.AND.09.PERFIL.TRAMO.2

Todo o percorrido estará sinalizado, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos pola organización.

O participante que se retire deberá avisar no control máis próximo.

O perfil da proba pode considerarse de dificultade media.

Avituallamentos líquidos nos quilómetros 10 e 16,5.

Inscrición e dorsais

A Inscrición terá o prezo de 6 EUROS e dará dereito a un polo conmemorativo, avituallamento, bocadillo e bebida. Tamén será opcional unha ración de polbo, pan e viño con ticket de reserva de 6 EUROS, antes do día 16 de Setembro, e poderá realizarse dos seguintes xeitos:

A). - Directamente nas tendas de deportes: Armería O Vinteún (988 373 766), Takos Sport(988 373 700), Intersport Bouso (988 226 592, Curros Enríquez,5), Zagora Aventura (988 269 408 / 988 235 147), Arana Sport (988 391 307), Red.1 Deportes (988 237 019).

Co boletín de inscrición que se atopa no triptico, ou con este boletín de inscrición cuberto e pagado, recollerase o dorsal e o ticket do polbo.

B). - Directamente no Concello de San Cibrao das Viñas (988 381 034), do seguinte xeito:

1º -Realizar o ingreso do importe da inscrición (6€), e opcionalmente o importe do tícket do polbo (6€), na conta 0046 0066 90 0002000930 do Banco Gallego, ata o día 18 de setembro inclusive.No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita.

2º - Cumprimentar o seguinte boletín de inscrición , e entregalo no Concello en horario de 8:30 a 14:00 e de Luns a Venres xunto co resgardo do ingreso.

C). - Por Fax, do seguinte xeito:

1º - Realizar o ingreso do importe da inscrición (6€), e opcionalmente o importe do tícket do polbo (6€), na conta 0046 0066 90 0002000930 do Banco Gallego, ata o día 17 de setembro inclusive. No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita.

2º - Cumprimentar o seguinte boletín de inscrición, e remitilo ó Concello xunto co resgardo do ingreso por Fax ó 988 381101

3º - Esperar a confirmación da reserva por parte do Concello, co número de dorsal, por correo electrónico, por Fax ou por teléfono.

4º - Recoller o dorsal calquera día de luns a venres e de 8:30 a 14:00 nos días previos a Andaina, na Casa do Concello, ou o día 20 de setembro no punto de saída, media hora antes do inicio da andaina.

Nota: Non se realizará a devolución dos importes no caso de non recoller o dorsal ou o tícket do polbo.

As tendas de deportes subministrarán dorsais ata o día 17 de setembro e ata un máximo de 300 participantes.

No Concello de San Cibrao das Viñas poderán retirarse ata o día 18 de setembro.

Se quedasen dorsais libres, poderán recollerse na Boutureira o día 20, ás 8:30 horas, antes do comezo da proba e ata chegar ó tope de 300 participantes.

Non se permitirá participar a ningunha persoa sen dorsal.

Responsabilidades

A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia.

Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión.

Premios

Tódolos participantes que acaben un tramo da proba terán dereito ao polo conmemorativo.

Haberá premio para o CLUBE con máis participantes.

Haberá sorteo de agasallos entre tódolos participantes.