II Concurso: Unha Muller, un traballo igualitario

O Concello de San Cibrao das Viñas organiza o II Concurso: Unha muller, un traballo igualitario, coa finalidade de conmemorar o Día Internacional da Muller que se celebra o día 8 de marzo.

Participantes

Poderán presentarse todos os nenos/as empadroados/as no Concello con idades entre 3 e 18 anos.

Temática

O tema do “II concurso Unha muller, un traballo igualitario”, será a expresión por medio dun debuxo da loita da muller polos seus dereitos, pola súa participación, en igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.

Categorías de participación

Modalidade: Debuxo

  • Categoría 1ª: Educación Infantil
  • Categoría 2ª: Educación Primaria e Educación Especial
  • Categoría 3ª: ESO, Bacharelato e FP de Grao Medio

Como participar

Os debuxos realizaranse a cor ou en branco e negro e en tamaño DIN-A4 ou DIN-A3.
Pódense usar todo tipo de técnicas de forma separada ou mesturada (rotulador, pintura, acuarelas, lapis de cores…).
A participación será de carácter individual e só se admitirá un debuxo por participante.
Os debuxos serán presentados nas oficinas municipais en horario de 8:30 – 14:00 horas ou ben por correo postal xunto coa folla de inscrición debidamente cumprimentada.
Os debuxos presentados deben de ser orixinais, inéditos e de autoría propia da persoa que os presente.
Non se aceptarán debuxos que foran publicadas ou exhibidas anteriormente.

É imprescindible enviar a folla de inscrición debidamente cumprimentada polos pais ou titores.

Prazo de admisión

O prazo finaliza o xoves 27 de febreiro de 2025 ás 23:59h.

Premios

Concederanse os seguintes premios, por un importe máximo de 1.000,00 euros:

  • Categoría 1ª:
    • 1º Premio – Vale por importe de 50 €
    • 2º Premio – Vale por importe de 25 €
  • Categoría 2ª:
    • 1º Premio – Tablet
    • 2º Premio – Vale por importe de 50 €
  • Categoría 3ª:
    • 1º Premio – Tablet
    • 2º Premio – Auriculares sen fíos

Animádevos a participar!