II Concurso de decoración de Samaín 2024

O Concurso de Decoración de Samaín 2024 do Concello está de volta!

Estamos desexando ver como transformades as vosas casas, balcóns ou xardíns en escenarios de auténtico terror. Sempre nos sorprendedes!

🎃 PARTICIPANTES:

Poderán participar neste concurso, todas aquelas persoas empadroadas que realicen a súa montaxe no seu balcón, ventá, porta, fachada da casa ou xardín…, na parte que dea a vía pública e ten que ser do domicilio da persoa que se presenta a este concurso.

🎃 COMO PARTICIPAR:

Para participar no concurso deberán enviarse, dúas fotografías da decoración por concursante, ó correo electrónico: cultura@sancibrao.es

Todas as fotografías das decoracións que envíen deben contar con:

a) Título (a casa, balcón, ventá, fachada debe estar en San Cibrao das Viñas).
b) Nome e apelidos da persoa que a envía.
c) Número de teléfono de contacto.
d) Lugar onde se habita actualmente.
e) DNI (fotografía ou fotocopia).
f) Estar empadroado e ser maior de idade.
g) A fotografía ten que ser actual, orixinal e inédita, non poderá presentarse a outros concursos.
h) Se a fotografía resulta premiada non poderá presentarse a outros certames.

🎃 PRAZO:

O prazo de admisión finaliza o mércores día 06 de novembro de 2024 ás 23:59 h.

🎃 PREMIOS:

Concederanse os seguintes premios:

1º premio: 200 euros.
2º premio: 175 euros.
3º premio: 150 euros.
4º premio: 125 euros.
5º premio: 100 euros.
6º premio: 75 euros.

Para máis información chamar ao tlfno 988381034.