Gran Xogo da Moenda 2021

O pasado sábado 8 de maio as nenas e nenos do concello de San Cibrao das Viñas desfrutaron dunha xornada lúdico-formativa na Área Recreativa de A Boutureira.

A xornada xirou en torno ao gran xogo da moenda, experimentando novas actividades e xogos ao aire libre neste entorno.

Divididos en grupos de 6 rapaces, na primeira parte da xornada visitaron o muíño, onde se lles explicou como era o proceso de moer a fariña.

A posterior, baixo a tutela dos coordinadores, desenrolaron as súas mellores dotes culinarias, amasando e cocendo pan.

Podedes ver a xornada nas imaxes da galería.