Galideporte San Cibrao 2025

O concello de San Cibrao das Viñas organiza unha nova edición do seu campamento multideportivo e cultural de verán: “Galideporte San Cibrao 2025”.

Datas e horario:

Esta actividade, pensada para a rapazada do Concello, desenvolverase entre o 30 de xuño e o 18 de xullo, en horario de 9:00 a 13:30 horas, de luns a venres.

Actividades e idade dos nenos/as:

O campamento está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2019 (de 6 a 14 anos ou que cumpran 6 anos ao longo do 2025), empadroados no Concello eles ou os seus pais/titores.

Durante tres semanas, os participantes poderán gozar dunha ampla variedade de actividades deportivas e culturais: fútbol, baloncesto, atletismo, natación, wáter-polo, boxeo, sendeirismo, praia, deportes adaptados, teatro, música, baile… Unha experiencia pensada para fomentar o compañeirismo, o respecto pola natureza e valores positivos.

Localización e conciliación:

As actividades desenvolveranse nas instalacións deportivas de Pontenoalla e Soutopenedo, así como na área recreativa da Boutureira, sempre organizadas por grupos de idade. Ademais, o campamento contará cun servizo de conciliación en horario de 7:30 a 9:00 e de 13:00 a 14:30 horas.

Inscricións:

As inscricións estarán abertas do 2 as 9:00 ao 20 de xuño, ambos días incluídos, e deberán formalizarse a través da páxina web do Concello. A admisión realizarase por orde de inscrición ata completar as prazas dispoñibles. Prazas esgotadas!

Comunicación coas familias:

Crearase un grupo de WhatsApp con titores para facilitar a comunicación e informar sobre cuestións organizativas como protocolos, saídas, indumentaria, etc.