O Concello de San Cibrao das Viñas organiza unha excursión a Santiago de Compostela o sábado 4 de xuño. Queres asistir?
⏰ PRAZO
Dende o día 10 ao 23 de maio e ata cubrir prazas, poderán anotarse na Biblioteca do Concello as persoas empadroadas maiores de 18 anos que estén interesadas nesta excursión.
As prazas cubriránse por rigurosa orde de inscrición e cada persoa só poderá anotar a tres máis, coa conseguinte autorización. Deberán vir provistos do DNI.
📝 PROGRAMA
Saída ás 07.45 horas do Concello de San Cibrao con destino Santiago. O guía acompañará ao grupo desde Ourense .
Ás 09.30 horas, o grupo asistirá a unha misa de Peregrinos na Catedral.
Rematada a cerimonia relixiosa, realizaremos a visita ao museo da Catedral que nos permitirá ver tamén o interior do monumento, acompañados polo noso guía.
Descubriremos os exteriores da Catedral, a Praza do Obradoiro e os seus catro edificios destacados: Catedral, Hostal dos Reis Católicos , Pazo de Raxoi e o Colexio de San Xerónimo. Tamén visitaremos a Praza da Quintana e a da Azabachería.
Despois haberá tempo libre para descansar e gozar libremente do casco antigo de Santiago.
Ás 14.00 h reuniremos para xantar tipo buffet.
Tras a comida, continuaremos coa nosa visita guiada ao casco antigo de Santiago.
Pola tarde, gozaremos paseando co noso guía pola rúa do Franco antes de ver a praza de Praterías. Percorreremos as rúas e ruelas da zona vella ata a alameda da cidade. Gozaremos do paseo da Herrería e da Carballeira de Santa Susana ata o banco de Valle Inclán, onde contemplaremos, desde a distancia, a mellor vista do Obradoiro.
Paseando pola Alameda, dirixirémonos ata o Mercado de Abastos, rúa Nova e a Igrexa de María Salomé e a praza da Universidade.
A última hora do día, faríase o regreso a San Cibrao das Viñas.
*Debido á situación derivada da COVID-19 esta actividade poderá sufrir modificacións.