Estratexia de Sustentabilidade Ambiental no Concello de San Cibrao das Viñas

Elaboración da estratexia para a sustentabilidade ambiental.

O cambio climático constitúe un fenómeno global con grandes implicacións sociais e económicas tanto nas causas como nas consecuencias que esixe una resposta multilateral baseada na colaboración de todos os países a escala global e a asunción de responsabilidades tanto a nivel colectivo como individual, no que as administracións públicas xogan un papel moi importante á hora de achegar esforzos.

Unha resposta efectiva ante o cambio climático aséntase sobre a idea de sustentabilidade e implica cambios nos comportamentos dos distintos axentes, consumidores, empresas e tamén institucións públicas.

O Concello de SAN CIBRAO DAS VIÑAS consciente de que unha resposta ante o cambio climático aséntase sobre a idea de sustentabilidade e asumindo o seu papel como referente e vector da transformación elabora a presente ESTRATEXIA DE  SUSTENTABILIDADE, SAN CIBRAO DAS VIÑAS FRONTE O CAMBIO CLIMÁTICO 2016-2020”.

   

O cambio climático e as súas implicacións son pois un dos maiores retos ambientais aos que se enfronta a sociedade actual. O impacto potencial deste fenómeno é enorme, con predicións de falta de auga potable, grandes cambios nas condicións para a produción de alimentos e aumento nos índices de mortalidade derivados de inundacións, tormentas, secas e vagas de calor.

Co obxecto de determinar as emisións anuais dos gases de efecto invernadoiro na Comunidade Autónoma de Galicia para determinadas actividades, elaborouse o Inventario de emisións de gases de efecto invernadoiro en Galicia.

Coa presente Estratexia de sustentabilidade Ambiental fronte o cambio climático, o municipio de SAN CIBRAO DAS VIÑAS como parte de Galicia, contribúe á redución de emisións de gases de efecto invernadoiro, por parte do estado español, de cara a cumprir cos obxectivos establecidos na Unión Europea derivados dos compromisos asumidos a nivel mundial.

Este proxecto he cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desemvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020