A Escola Municipal de Música do Concello de San Cibrao das Viñas abre o prazo de inscrición para o novo alumnado empadroado no municipio, que poderá acceder ás prazas dispoñibles nas diferentes especialidades musicais.
PRAZO DE INSCRICIÓN:
O prazo de inscrición estará aberto do 17 ao 31 de agosto, ambos os dous incluídos.
Especialidades dispoñibles:
- ? Música e movemento: de 4 a 6 anos.
- ? Vento-metal (a partir de 7 anos): trompeta, trompa e trombón.
- ? Vento-madeira (a partir de 7 anos): clarinete, frauta traveseira e saxofón.
- ? Percusión (a partir de 7 anos).
As prazas cubriranse en cada modalidade por rigorosa orde de inscrición, polo que se recomenda realizar o trámite dentro do prazo establecido.
Unha vez finalizado o período de inscrición, o Concello poñerase en contacto coas persoas inscritas para concretar os horarios das clases.
? Anímate a descubrir e desfrutar da música!
