Teatralízate | Escola de Teatro en San Cibrao das Viñas

Se nunca desfrutaches do pracer do teatro, este é o teu ano.
Este curso está dirixido a todas as persoas empadroadas neste Concello de 8 anos en diante, segundo o número de rexistrados teremos diferentes grupos por idades.
Unha actividade multidisciplinar, fomentando a arte e a cultura.
As clases de teatro para o curso 2025/2026 impartiranse pola tarde os martes e xoves dende as 17:30h en diante.
Máis info en: teatro.sancibrao@gmail.com
As inscricións son individuais e deberán realizarse nesta mesma páxina web dende o 21 ata o 31 de agosto no formulario que se atopará 👇máis abaixo.