Terá lugar o vindeiro domingo 22 de setembro de 2024 con saída ás 10:00 horas.
O punto de partida estará situado na área recreativa da Boutureira. Chégase dende Ourense a través da estrada OU-0517, en dirección Ourense-San Cibrao das Viñas-Vilanova-Soutopenedo-A Merca… No quilómetro 6,500, nada máis pasar o campo de fútbol e as piscinas, estará sinalizada a entrada cara á Boutureira.
Localización GPS da entrada á Boutureira en WGS84 para empregar nos GPSs de uso corrente: 42º15'58"N, 7º53'01"W
Percorrido
Vaise realizar sobre dous tramos circulares un Tramo A de 8 quilómetros e o Tramo B de 7 quilómetros con punto central na Boutureira.
• Tramo circular A de 8 Qms A Boutureira - A Venda - A Igrexa - A Serra - Penedo - A Torre - A Boutureira.
• Tramo circular B de 7 Qms A Boutureira - Vilanova - Outeiro Calvo - O Pontón - A Boutureira.
• Todo o percorrido estará sinalizado, sendo obrigatorio
o paso polos controis establecidos pola organización.
• O participante que se retire deberá avisar no control máis próximo.
• O perfil da proba pode considerarse de dificultade Media.
• Avituallamentos líquidos nos quilómetros 5 e 11.
Inscrición
O custo da inscrición é de 6€ e da dereito a un agasallo conmemorativo, avituallamento, bocadillo e bebida. Pódese realizar cumprimentando o boletín que lle achegamos e entregándoo:
Nas tendas de deportes:
Inscrición Cerrada!! Prazas Esgotadas!!
Armería O Vinteún (988 373 766) e InterSport Bouso (988 226 592), realizando o pago da inscrición (6€) e opcionalmente o importe do tícket do pulpo (12€).
No Concello de San Cibrao das Viñas:
Inscrición Cerrada!! Prazas Esgotadas!!
Entregando o boletín cuberto na oficina de Deportes, (antiga biblioteca) en horario de 8:30 a 10:30 e de Luns a Venres xunto co importe da inscrición de 6€ así como, opcionalmente o importe do tícket do pulpo de 12€.
A través de internet:
Inscrición Cerrada!! Prazas Esgotadas!!
- Realizando o ingreso do importe da inscrición ou inscricións, así como opcionalmente do tícket ou tíckets do pulpo na conta: ES28 2080 0476 16 3110000041 de Abanca.
- No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME do participante inscrito, ou nome do Clube e número de participantes inscritos.
- Logo, enviar o boletín ou os boletíns cubertos, así como o resgardo ou resgardos do ingreso bancario, ó correo electrónico deportes@sancibrao.es esperando a confirmación dos números de dorsais e podendo recoller estes na oficina de Deportes ou na Boutureira, o día da andaina antes da hora de saida!
Ata un máximo de 300 participantes.
Dorsais
Se quedasen dorsais libres, poderán recollerse na Boutureira o día 22 ás 9:30 horas, antes do comezo da proba e ata chegar ó tope de 300 participantes. Prégase o importe exacto.
• Non se permitirá participar a ningunha persoa sen dorsal.
Responsabilidades
• A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia.
• Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión.
Premios
• Tódolos participantes que acaben a proba terán dereito a un agasallo conmemorativo.
• Haberá premio para os Clubes con máis participantes.
• Haberá sorteo de outros agasallos entre tódolos participantes.
Máis Información
Servizo Municipal de Deportes: Telf: 608 275 776
email: deportes@sancibrao.es