¿Queres desfrutar dunha xornada gratuita de rafting no Río Miño?
1. LUGAR DE REALIZACIÓN: Polígono Industrial de Barcela-Arbo (Pontevedra).
2. MEDIO DE TRANSPORTE: O Concello de San Cibrao das Viñas porá a disposición das persoas inscritas medio de transporte de traslado desde o punto de encontro ata o lugar de realización da actividade e posterior traslado ao finalizar a actividade ata o punto de encontro.
3. DATA DE REALIZACIÓN: Sábado, 14 de setembro de 2024 en horario de mañá.
4. REQUISITOS DAS PERSOAS PARTICIPANTES:
- Saber nadar e ter entre 12 e 30 anos (ambos incluidos).
- Estar empadroado no Concello de San Cibrao.
- Traer toalla, bañador e calzado deportivo (tenis) para mollar.
- Útiles para a ducha.
- No caso dos/das participantes menores deberá presentarse, xunto coa inscrición, a autorización para realizar a actividade anexa a estas normas debidamente cuberta polos pais/nais/titores do/da menor acompañando o documento nacional de identidade DNI, NIE, pasaporte ou documento válido en dereito.
- No caso dos/das menores deberá presentarse, xunto coa inscrición, a autorización para a toma e difusión de imaxes de menores anexa a estas.
5. INFORMACIÓN: Departamento de Deportes: 608275776.
6. PRAZAS LIMITADAS.
As inscricións poderán formalizarse aquí mesmo a o día 11 de setembro.