Xogade coas Motos Xira 2026

Temos o pracer de anunciar unha nova cita da Xira Xogade coas Motos 2026, unha xornada especialmente deseñada para que os máis pequenos descubran o mundo do motociclismo dunha maneira segura, educativa e, sobre todo, divertida.

Información do evento

  • 📅 Data: 6 de xuño de 2026
  • 📍 Lugar: Explanada do Parque Tecnolóxico, San Cibrao das Viñas
  • 👦👧 Idades: De 6 anos cumpridos ata os 15 anos
  • ✅ Requisito imprescindible: Saber andar en bicicleta

Por que é necesario saber andar en bicicleta?

Para garantir tanto a seguridade como o máximo aproveitamento da actividade, é fundamental que os participantes teñan unha boa soltura sobre a bicicleta.

  • Equilibrio: O control do equilibrio é esencial para aprender a manexar unha moto con confianza e seguridade.
  • Seguridade: Sen unha base sólida de equilibrio, a aprendizaxe faise máis complexa e pode comprometer o desenvolvemento seguro da actividade.
  • Diversión: O noso principal obxectivo é que os nenos e nenas desfruten da experiencia. Saber andar en bici permitirá que aproveiten ao máximo a xornada e vivan unha experiencia inesquecible.

 

Horario:

Mañá: de 10:00h a 14:00h

Tarde: de 16:00h a 20:00h

Obrigatoria inscrición previa. Recibirás un correo confirmando a túa praza. Ata ese momento, a túa inscrición será provisional.

Que necesitas se xa estás inscrito/a?

  • Luvas (de moto ou de bici que cubran a man enteira)
  • Botas (de moto ou tipo trekking)
  • Roupa térmica ou sotomono
  • Moitas ganas de desfrutar!

Este evento é posible grazas á colaboración da Xunta de Galicia, Deporte Galego, a Federación Galega de Motociclismo (FGM), e á organización deVFM Motoclub e VF Timing.

 

Inscricións abertas

Non perdas esta oportunidade de iniciarte no motociclismo dun xeito seguro e divertido.

👉Inscríbete aquí

As prazas son limitadas. Anímate e participa!