Lugar e data
Terá lugar o domingo 22 de decembro de 2013.
O horario:
- 12:00 h Saída da carreira de adultos e nenos.
- 13:00 h Saída carreira pitufos.
- 13:15 h Ágape e chocolate para os/as participantes.
- 13:30 h Entrega de trofeos e sorteo de regalos.
O punto de saída: O punto de saída e meta, serán as piscinas municipais de Ponte Noalla. GPS (WGS84): 42º 17' 01" N, 7º 50' 15" O
Máis información
Contacto correo: javierparedes@edu.xunta.es
Telf. 647 913 079
http://www.championchipnorte.com/
Inscricións
Presenciais: Running Sport Rúa Nosa Sra da Saínza,18. Ata o mércores día 18 de decembro.
Na web: http://www.championchipnorte.com/. Ata o xoves día 19 de decembro.
Notas importantes:
- As inscricións estarán limitadas a 500 participantes, incluido adultos e nenos/as.
- A inscrición ten un custo de 5€. O pago poderase facer a través da web de http://www.championchipnorte.com/ ou en man en Running Sport.
- Os/as participantes da carreira de 3Km que non posúan DNI, deberán facer a súa inscrición de forma presencial en Running Sport.
- As inscricións da categoría Pitufos faranse o día da proba.
Regulamento xeral
1. A saída e a meta estarán situadas nas Piscinas Municipais de Ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas.
2. A recollida de dorsais e chips, farase dende as 9:00 horas ata media hora antes de iniciar a proba.
3. O percorrido será de 300 m. para a categoría pitufos, de 3 Km. para as categorías A - B - C - D, e de 8.5 Km. para as restantes categorías A saída será conxunta para as categorias de escolares e absolutos. Os escolares pararán na primeira volta e os restantes corredores completarán duas voltas (1 pequena e 1 grande).
4. A clasificación será absoluta e por categorías; os premios non son acumulables e só se recibirá o de maior cuantia. Recibirá o de menor importancia o inmediatamente seguinte clasificado.
5. A organización contará co asesoramento da Delegación Ourensana de Atletismo, o Comité de Xuíces e a colaboración de organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.
6. Todo corredor que chegue á meta sen dorsal ou chip, será desclasificado. Tamen deberá devolve-lo chip o finaliza-la proba para optar ós premios.
7. O percorrido estará sinalado cada Km.
8. A carreira estará controlada por Cronometraxe electrónico pola empresa CHAMPIONCHIP.
9. As inscricións estarán limitadas a 500 participantes.
10. Establécense os seguintes premios:
- 150€ - 100€ - 75€ - 60€ - 60€ - 60€ ós seis primeiros clasificados/as en material deportivo.
- Trofeo ós 3 primeiros clasificados/as de cada categoría.
- Camiseta técnica para tódos/as participantes que rematen a proba.
- 60€ ós seis primeiros clasificados/as do concello de San Cibrao das Viñas en material deportivo.
- Medalla para tódos os pitufos participantes ata esgotar existencias.
- Sortearanse numerosos agasallos e produtos gastronómicos, bicicletas e cestas de Nadal.
- Premio especial ós 6 primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e San Cibro das Viñas.
- A organización obsequiará cun ágape a todos os participantes da proba.
11. Establécense as seguintes categorías:
Con Saída ás 12:00 horas, distancia 3 Km:
A) Alevín: 2003 e 2004
B) Infantil: 2001 e 2002
C) Cadete: 1999 e 2000
D) Xuvenil: 1997 e 1998
Con Saída ás 12:00 horas, distancia 8,5 Km:
E) Junior - Promesa: 1992 - 1996
F) Senior: 1991 ata veterán
G) Veterán A: de 40 a 49 anos
H) Veterán B: de 50 a 59 anos
I) Veterán C: de 60 anos en adiante
Con Saída ás 13:00 horas, distancia 300 m:
Pitufos 2005 e posteriores
12. Debido o carácter estritamente deportivo e popular da proba, non se admitirán reclamacións. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da Proba. O Concello de San Cibrao das Viñas, asi como a comisión organizadora non se farán responsables dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
13. Aqueles aspectos que non se contemplen no Regulamento, resolveranse polo disposto no Regulamento de Federación Internacional de Atletismo.