Wifi temporal para uso dos veciños e veciñas

Disposición temporal de local municipal para uso dos veciños/as que precisen da rede wifi e non o dispoñan da mesma nas súas vivendas.

Destinatarios: veciños/as do Concello, maiores, ou menores (acompañados dun maior) que non dispoñan de wifi e que precisen do seu uso por razóns educativas/formativas ou laborais.

Horario: de luns a venres (previa solicitude) dende as 10:00 horas ata as 13:00 horas

O Concello de San Cibrao das Viñas porá a disposición de todos os veciños/as as instalacións do edificio situado frente á Eirexa de San Ildefonso, Rúa Principal, nº 37, previa solicitude no teléfono da concellería de servizos sociais: 639 439 237.

  • Controlarase o aforo, (que será máximo de 5 persoas a un tempo).
  • O Tempo máximo de cada usuario será dunha hora de duración.
  • Levarase un seguemento do número de asistentes diarios onde conste: a data, a hora de entrada e saída así como os datos persoais dos usuarios.
  • O horario de asistencia será asignado pola orde na que se realicen as solicitudes e respetaranse, no posible, as necesidades requeridas polos veciños/as.
  • Os usuarios estarán distribuidos nas distintas salas do edificio, manténdose sempre as distancias mínimas de seguridade aconselladas.
  • Serán obrigatorios o uso de mascarillas e guantes durante todo o tempo que se estén a utilizar as instalacións.