Visita de Pedro Fernández e Marta Nóvoa ao Salón do Automóbil

O alcalde de San Cibrao das Viñas, Pedro Fernández, e a tenente de alcalde Marta Nóvoa participaron, xunto con outras autoridades e representantes da vida empresarial da provincia de Ourense, na visita institucional ao 8º Salón do Automóbil, Vehículo de Ocasión, no recinto feiral de Expourense. Ademais dos xerentes das empresas automobilísticas, participaron a delegada da Xunta, Marisol Díaz, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, e a senadora Carmen Leyte, entre outros.