Visita de Papa Noel 2020

Este ano, Papa Noel visitará o noso Concello varios días durante o mes de decembro coa fin de evitar aglomeracións de persoas debido a situación actual provocada pola COVID-19. Por este motivo, será no momento da formalización da inscrición, onde se lle dará a información relativa ao día e a hora na que cada neno/a poderá pasar a recoller o seu agasallo.

REQUISITOS PARA ANOTARSE
- Ter entre 0 e 10 anos de idade
- Estar empadroados os nenos/as ou algún dos pais
- Achegar FOTOCOPIA do libro de familia ou D.N.I do neno/a

PRAZO E LUGAR DE INSCRICIÓN
- No concello do día 1 ao 16 de Outubro de 2020

*Só se entregarán os agasallos aos nenos/as que acudan ese día sendo obrigatorio acudir con máscara e na medida do posible un acompañante por menor.