Visita ao Aquario Finisterrae e a praia das Lapas de A Coruña

O Concello de San Cibrao das Viñas organiza a visita ao Aquario Finisterrae e a praia das Lapas de A Coruña o vindeiro 19 de xuño.

A actividade está dirixida a nenos nados entre 2009 e 2015 empadroados no Concello eles ou os seus proxenitores.

O prazo de inscricións no Concello é do 26 de maio ao 2 de xuño.

As prazas iranse ocupando por orde de inscrición.

Debido á situación de covid-19 a actividade poderá sufrir modificacións.

A actividade levarase a cabo se hai un mínimo de participantes.

Hai prazas limitadas.