Comunícase a todos os veciños interesados neste programa que se manterá aberto o prazo para a presentación de solicitudes para a tempada 2018/19 ata o día 26 de febreiro de 2019. Poderán solicitar a plaza nos servizos sociais do Concello ou ben a través de internet na sede electrónica do Imserso:
Requisitos dos usuarios:
- Ser pensionista de xubillación do Sistema Público de pensións.
- Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
- Pensionistas por outros conceptos, ou perceptor de prestaciós ou subsidios de desemprego, en todos os casos, con 60 anos cumplidos.
- Ser titular ou beneficiario do sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumplidos.
(Ós cónxuxes ou parellas de feito que vaian de acompañantes non se lles esixirán estes requisitos)
Tamén poderán participar os fillos discapacitados cunha minusvalía mínima do 45% sempre e cando poidan viaxar e o fagan acompañados dos seus pais compartindo con eles a habitación. En todo caso teñen que valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
Documentación a Presentar:
- D.N.I. do solicitante e do cónxuxe, se procede.
- Cuantía das pensións que perciben o solicitante e máis o cónxuxe.
- Certificación de minusvalía do fillo acompañante, no seu caso.