Termalismo social - IMSERSO 2017

Ábrese o prazo para a presentación de instancias.

Ábrese o prazo para a presentación de instancias para as quendas de termalismo social que oferta o IMSERSO para o ano 2017.

Requisitos dos usuarios:

  • Ser pensionista da Seguridade Social de xubilación ou de invalidez.
  • Ser viúvo/a e ter 55 anos de idade ou máis.
  • Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestación ou subsidio de desemprego con 60 ou máis anos de idade.
  • Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con 65 anos ou máis anos de idade.

As persoas de nacionalidade española que residan no estranxeiro, sempre que perciban unha pensión da Seguridade Social e conten coa idade exixida nos puntos anteriores, ou sexan asegurados ou beneficiarios da Seguridade Social, con idade igual ou superior a 65 anos.

O solicitante poderá ir acompañado dos fillos con discapacidade igual ou superior ao 45% , ou do seu cónxuxe ou parella, para éstes últimos non se esixirán os requisitos de pensión nin idade.

Documentación a presentar

  • D.N.I. do solicitante e do cónxuxe/parella.
  • Cuantía da pensión que perciben ámbolos dous.

Prazos

Para as quendas de febreiro ata agosto (ambos incluidos): Ata o 13 de xaneiro de 2017

Para as quendas de setembro a decembro:  Ata o 12 de maio de 2017

Para a súa inclusión na lista de espera:

  • Para as quendas de febreiro ata agosto (ambos incluidos): Ata o día 12 de maio de 2017
  • Para as quendas de setembro a decembro: Ata o día 31 de outubro de 2017