Resolución sorteo Biblioteca Municipal | Día Internacional das Bibliotecas

A Biblioteca Municipal de San Cibrao das Viñas conmemora o Día Internacional das Bibliotecas cun sorteo

📚 Onte, 24 de outubro, conmemoramos o Día Internacional das Bibliotecas. Por elo, dende o Concello de San Cibrao das Viñas xunto a nosa Biblioteca Municipal quixemos facer un sorteo moi especial para incentivar a lectura.

Dende o pasado xoves 20 ata o 24 deste presente mes, todas as persoas que colleran un libro nas instalacions municipais recibiron un ticket para entrar no sorteo dun lote de libros de Boris Izaguirre, Lucía Echevarría, Marian Keyes, Elisabeth Kostoya, entre outros moitos autores.

👉 Realizado o sorteo do lote de libros para festexar esta xornada, os números premiados foron os seguintes:

  • 15
  • 3
  • 4
  • 1
  • 14
  • 6
  • 7
  • 11

Os premiados poden pasar pola biblioteca a recoller o seu libro.

Moitas parabéns a todos os gañadores e grazas a todos os que participaron.

Para que xuntos sigamos coidando das nosas bibliotecas que gardan moita historia, cultura, escritos e crenzas.