Reserva de praza para nenos/as xa matriculados na Escola Infantil Municipal

PRAZO DE RESERVA DE PRAZA PARA ALUMNADO MATRICULADO NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

Comunícase que desde o día 1 ao 20 de marzo, está aberto o prazo para formalizar a reserva de praza para o curso 2025/2026.

Todos os nenos e nenas que actualmente están matriculados na Escola Infantil Municipal e desexen continuar no novo curso deberán formalizar a reserva de praza dentro do prazo establecido.

Documentación necesaria

Na sede electrónica do Concello

Para completar a solicitude, será imprescindible achegar, xunto co formulario de reserva de praza (dispoñible nas oficinas municipais, na propia Escola Infantil ou na sede electrónica do Concello), a seguinte documentación:

  • Relación do núcleo de convivencia: Certificado de convivencia emitido polo concello onde resida a unidade familiar.
  • Declaracións da renda: Copia das declaracións da renda correspondentes ao ano 2023 de todos os membros da unidade familiar ou, no seu defecto, certificado negativo de non ter presentada a dita declaración.

Unha vez comprobada a correcta realización deste trámite, os alumnos e alumnas terán garantido o acceso ao novo curso.

Para máis información, poden dirixirse ás oficinas municipais ou á Escola Infantil.