Aberto o prazo para a presentación de instancias para a axuda da compra de libros e material para escolares que cursen segundo ciclo de Educación Infantil, dentro da provincia de Ourense. Establécese en 145€ a cuantía máxima a subvencionar para todas aquelas familias que reúnan os seguintes 👉 REQUISITOS:
- Estar empadroados no Concello de San Cibrao das Viñas, polo menos o pai, nai ou titor do neno cunha antigüidade previa dun ano á convocatoria da axuda.
- Ter presentadas as solicitudes e a documentación requirida.
- RPC anual das familias ás que se lle concenda a axuda. Non poderás exceder duns ingresos netos de 6.500€ por membro familiar ao ano.
- A certificación do núcleo de convivencia será comprobada de oficio polo Concello.
📋 DOCUMENTANCIÓN A PRESENTAR:
- Solicitude da axuda preferiblemente por vía electrónica na súa sede electrónica sancibrao.sedelectronica.es ou de forma presencial no Concello.
- Factura orixinal detallada da compra e o titular da mesma, pai/nai ou titor do solicitante.
- Listado de libros e material escolar indicado polo colexio.
- Copia do Libro de Familia.
- Copia do D.N.I non caducado do solicitante.
- Xustificación de ingresos de todos os membros que vivan no mesmo domicilio: copia da última declaración da Renda e de Patrimonio ou documento acreditativo de non estar obrigado a presentala (certificado de imputacións) referida o ano 2021, ou certificación da Empresa dos ingresos obtidos durante 2021 de tódolos membros que traballen, convivan na vivenda e non teñan a obriga de presentar a declaración da renda. (Base impoñible xeral e base impoñible do aforro).
- Para familias en paro: certificación do INEM da contía percibida durante 2021 ou ben certificación de non haber percibido prestación.
- Si conviven persoas pensionistas na vivenda, certificado da Seguridade Social da contía da pensión ou certificado negativo do mesmo organismo no seu caso.
- Outras prestacións: RISGA, PNC, IMV, RAI, Prestación por fillo a cargo, manutencións pensións compensatorias, de orfandade certificación do organismo correspondente.
- Certificado ou informe do centro onde o alumno/a realice estudos no que se especifique o curso onde está matriculado.
- No caso de separación ou divorcio documentación que o acredite. No caso de non percibir pensión alimenticia ou compensatoria, presentarase fotocopia da denuncia de incumprimento destas obrigas.
- Certificado de acollemento familiar remunerado, no seu caso.
- Os estranxeiros deberán presentar un informe dos ingresos obtidos no ano 2021 no país correspondente mediante documento oficial.
⏰ PRAZO DE PRESENTACIÓN:
Ata o vindeiro 30 de setembro.