Participa na xornada lúdica "Gran Xogo da Moenda"

O concello de San Cibrao das Viñas organiza a Xornada Lúdica "Gran Xogo da Moenda" que se celebrará o sábado 8 de maio.

Onde? Na área recreativa da Boutureira.
A que hora? Saída en bus ás 16:00 h. da praza do Concello e regreso ás 19:00 horas.
Para quen? Para todos os nenos/as nados entre 2009 e 2015 empadroados no Concello eles ou algún dos seus pais.
Inscricións: Por orde de rexistro de entrada no Concello dende o 23 ao 30 de abril. (Prazas limitadas)

No momento da inscrición só se poderán anotar 2 nenos, salvo que existan máis nenos no núcleo familiar.

Debido a situación derivada da COVID-19, a xornada lúdica pode sufrir modificacións.

A actividade só se levará a cabo se se reúne un mínimo de participantes.

Agardámoste.