Este ano Papá Noel visitará o noso Concello o día 23 de decembro. Nos días previos á visita, publicarase nas redes sociais e nos taboleiros de novas respecto aos lugares onde acudirá para entregar os agasallos aos rapaces.
Os nenos e nenas que desexen recibir o seu presente deberán anotarse e cumprir os seguintes requisitos:
📌 Requisitos para anotarse:
- Ter entre 0 e 10 anos de idade.
- Estar empadroados os nenos/as ou algún dos pais.
- Achegar FOTOCOPIA do libro de familia ou D.N.I do neno/a (no caso de non atoparse estes empadroados).
📌 Prazo e lugar de inscrición:
No Concello do día 30 de setembro ao 21 de outubro de 2022.
Só se entregarán os agasallos aos nenos/as que acudan ese día. Prégase, que na medida do posible, o menor sexa acompañado por unha soa persoa.
*A obrigatoriedade da máscara virá determinada polas normas sanitarias vixentes para ese momento.