Mellora da eficiencia enerxética na Casa do Concello

Dotouse ao edificio cun moderno sistema de control de temperatura.

A Casa do Concello estrea unha importante mellora en eficiencia enerxética e confort nas súas instalacións, levada a cabo coa cofinanciación do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

mellora-enerxetica-7A mellora consistiu basicamente en controlar a distribución de enerxía polas distintas estancias do edificio dun xeito racional, para elo, dotouse ó edificio dun sistema de control de temperatura individualizado por estancias mediante sondas de temperatura e válvulas de control nos radiadores, que permiten un axuste moi afinado e equilibrado entre departamentos, ademais, substituíuse o illamento das tubeiras por aquel que marca o regulamento actual de instalacións térmicas, dotouse a sala de caldeiras de sistemas de medida, tanto de combustible como de calorías, e substituíronse as antigas bombas de calefacción por outras novas electrónicas de alta eficiencia enerxética, e todo isto controlado cun innovador sistema electrónico que permite unha regulación e un control informatizado que fai de todo o conxunto un exquisito sistema de calefacción.

E aínda que queda moito inverno por diante... xa podemos falar de aforro, porque na semana e media que leva funcionando contando co día máis desfavorable de frío (mínima de 3ºC ) xa suporía un aforro de máis do 30% con relación ó histórico de consumos, e como esperamos que entre novembro e marzo.... non todos os día sexan así de fríos... probablemente se consiga máis aforro. 🙂

Por outra banda todos os traballadores están contentos coa temperatura do seu despacho, cousa que tamén resulta importante.

 

logo-gobierno-espan%cc%83a-medioambiente logo-xunta  logo-inega  logo-galicia  logo-feder