O concello de San Cibrao das Viñas convoca a terceira edición deste certame con motivo do Día Internacional da Muller (8 de marzo).
O obxectivo é fomentar a educación en igualdade, visibilizar a figura da muller en calquera ámbito laboral e eliminar prexuízos.
Participantes
Nenos e nenas empadroados no Concello, con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos.
Temática
A expresión artística dun debuxo que represente "Unha muller, un traballo igualitario".
Formato
Admítense debuxos en cor ou branco e negro, en tamaño DIN-A4 ou DIN-A3. Pódense usar técnicas mixtas.
Orixinalidade
Os traballos deben ser inéditos, de autoría propia e non ter sido expostos anteriormente.
Categorías
- Categoría 1ª: Educación Infantil
- Categoría 2ª: Educación Primaria e Educación Especial
- Categoría 3ª: Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e/ou Formación Profesional de Grao Medio
Como participar
Formato e Estilo
Podes presentar un debuxo en DIN-A4 ou DIN-A3, xa sexa a cor ou en branco e negro.
Técnicas
Liberdade total (rotuladores, acuarelas, etc.), de forma individual ou mesturadas.
Envío
Presencialmente nas oficinas municipais (de 8:30 a 14:00h) ou por correo postal. É obrigatorio incluír a folla de inscrición.
Límites
Só se permite un debuxo por persoa, e a participación debe ser individual.
Prazo de entrega
O tempo para participar remata o xoves 5 de marzo de 2026 ás 23:59 horas.
Premios
Categoría 1ª
- 1º Premio – Vale por importe de 50 €
- 2º Premio – Vale por importe de 25 €
Categoría 2ª
- 1º Premio – Altavoz Portátil
- 2º Premio – Maletín de arte
Categoría 3ª
- 1º Premio – Altavoz Portátil
- 2º Premio – Maletín de arte
Anímate a participar!
