Terá lugar o vindeiro domingo 21 de setembro de 2008, con saída ás 9:00 horas.
O punto de partida: estará situado na área recreativa de A BOUTUREIRA. Chégase desde Ourense a través da estrada OU-0517, en dirección Ourense - San Cibrao das Viñas - Vilanova - Soutopoenedo - A Merca... No quilómetro 6,500, nada máis pasar o campo de fútbol e as piscinas, estará sinalizada a entrada cara á Boutureira.
Localización GPS da entrada á Boutureira en WGS84 para uso nos GPSs de uso corrente.
Percorrido
Vaise realizar sobre unha distancia aproximada de 21,5 quilómetros, e constará de dous tramos de forma circular, con punto central en A BOUTUREIRA, podendo cada participante remata-lo percorrido ó final de cada tramo.
TRAMO 1º: A Boutureira - Montelongo de Arriba - Penedo - A Torre - A Boutureira. Distancia:11,300 quilómetros.
TRAMO 2º: A Boutureira - Vilanova - Outeiro Calvo - Muiño Victoria (tramo alternativo) - A Boutureira. Distancia: 10,200 quilómetros.
Todo o percorrido estará sinalizado, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos pola organización.
O participante que se retire deberá avisar no control máis próximo.
O perfil da proba pode considerarse de dificultade media.
Inscrición e dorsais
A Inscrición terá o prezo de 6 EUROS e dará dereito a unha camiseta conmemorativa,avituallamento, bocadillo e bebida. Tamén será opcional unha ración de polbo, pan e viñocon ticket de reserva de 6 EUROS, antes do día 16 de Setembro, e poderá realizarse dos seguintes xeitos:
A). - Directamente no Concello de San Cibrao das Viñas (988 381 034), e nas tendas de deportes: Armería O Vinteún (988 373 766), Takos Sport (988 373 700), Intersport Bouso(988 226 592, Curros Enríquez,5), Zagora Aventura (988 269 408 / 988 235 147), Arana Sport(988 391 307), Red.1 Deportes (988 237 019), EnLibre Montaña (988 269 963).
Co boletín de inscrición que se atopa no triptico, ou con este boletín de inscrición cuberto e pagado, recollerase o dorsal e o ticket do polbo.
B). - Por Fax, do seguinte xeito:
1º - Realizar o ingreso do importe da inscrición (6€), e opcionalmente o importe do tícket do polbo (6€), na conta ---- ---- -- ---------- do Banco -------, ata o día 18 de setembro inclusive.
No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita.
2º - Cumprimentar o seguinte boletín de inscrición, e remitilo ó Concello xunto co resgardo do ingreso por Fax ó 988 381101
3º - Esperar a confirmación da reserva por parte do Concello, co número de dorsal, por correo electrónico, por Fax ou por teléfono.
4º - Recoller o dorsal calquera día de luns a venres e de 8:30 a 14:00 nos días previos a Andaina, na Casa do Concello, ou o día 21 de setembro no punto de saída, media hora antes do inicio da andaina.
Nota: Non se realizará a devolución dos importes no caso de non recoller o dorsal ou o tícket do polbo.
As tendas de deportes subministrarán dorsais ata o día 18 de setembro e ata un máximo de 300 participantes.
No Concello de San Cibrao das Viñas poderán retirarse ata o día 19 de setembro.
Se quedasen dorsais libres, poderán inscribirse na Boutureira o día 21, ás 8:30 horas, antes do comezo da proba e ata chegar ó tope de 300 participantes.
Non se permitirá participar a ningunha persoa sen dorsal.
Responsabilidades
A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia.
Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión.
Premios
Tódolos participantes que acaben un tramo da proba terán dereito á camiseta conmemorativa.
Haberá premio para o CLUBE con máis participantes.
Haberá sorteo de agasallos entre tódolos participantes.