Dende o Concello de San Cibrao queremos agradecer a todos e todas por participar no concurso de decoración de Samaín nas vosas fachadas, balcóns, exteriores e xanelas, foi todo un éxito.
Conseguistes crear un ambiente terrorífico e creativo onde puidemos vivir esta festa ao grande.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
Os criterios de avaliación do xurado foron a creatividade, orixinalidade e grao de terror polo Samain:
| Creatividade | 2 PUNTOS |
| Orixinalidade | 1 PUNTO |
| Grado de terror | 2 PUNTOS |
A composición do xurado foi:
Presidente: Da Marta Nóvoa Iglesias, Alcaldesa do Concello de San Cibrao das Viñas o Concelleiro/a que o substitúa.
Vocais: Da. Ana Ma Moreiras Vázquez, Concelleira da Área de Cultura e da Área de Muller do Concello de San Cibrao das Viñas, Da. Ma Elena Rodríguez Justo, traballadora do Concello e Da Leticia Prieto Cacheiro, veciña do Concello. Actuará como secretario un dos representantes do Concello que actúen como membros do xurado.
PREMIOS:
Os premios son os seguintes:
| 1º Premio | 200 euros |
| 2º Premio | 175 euros |
| 3º Premio | 150 euros |
| 4º Premio | 125 euros |
| 5º Premio | 100 euros |
| 6º Premio | 75 euros |
GAÑADORES:
A espera terminou e é hora de revelar quen levará os premios do noso Concurso de Samaín. Foi difícil elixir entre tantas creatividades incribles:
E os gañadores son…
⭐ 6º PREMIO: Beatriz Delgado Cid

⭐ 5º PREMIO: Aitor Arias Sanmiguel

⭐ 4º PREMIO: Ruben Rodríguez Durán

⭐ 3º PREMIO: Silvia Martínez Álvarez

⭐ 2º PREMIO: Eva Mª Núñez Domínguez

⭐ 1º PREMIO: Mª Teresa Barandela Cid

Parabéns a todos os gañadores e moitas grazas a todos os participantes.
Ata a próxima! 🎃