O Concello de San Cibrao das Viñas xa ten lista a súa Festa do Entroido. Esperámosvos a todos o sábado 18 de febreiro en horario de 17:00 a 20:30 horas no Polideportivo Municipal.

Haberá DJ, charanga, inchables para os cativos, foodtrucks, chocolate con churros e moitas sorpresas máis.

 

🎭 CONCURSO DE COMPARSAS

Deberán inscribirse previamente na páxina web ou no Concello, tendo un mínimo de 10 integrantes e o 50% destes deberán estar empadroados en San Cibrao das Viñas.

🏆 Premios por participación para as 10 primeiras comparsas.

🏆 Premios para as 4 mellores comparsas. As recompensas son acumulables.

 

🎊 SORTEO

Haberá un sorteo de premios económicos entre os participantes que veñan disfrazados, que se apunten previamente e que NON formen parte de ningunha comparsa.

 

👉 Todos os empadroados que queiran vir á Festa do Entroido SEN disfrazar, teñen a posibilidade de recoller ticket para a foodtruck ou para o chocolate con churros no Concello no prazo establecido.

 

📝 INSCRICIÓNS na páxina web dende o luns 23 de xaneiro ata o vindeiro 6 de febreiro. 

Ven vivir o Entroido a San Cibrao!