Entrega de premios aos gañadores do VI Concurso de Decoración de Nadal das Vivendas de San Cibrao das Viñas

✨🎄 Premios do VI Concurso de Decoración de Nadal das Vivendas de San Cibrao das Viñas 🎄✨

Da man da alcaldesa Marta Nóvoa e da conselleira, Ana María Moreiras, tivo lugar a entrega de premios do certame ás mellores decoracións de Nadal das vivendas de San Cibrao das Viñas. Unha edición marcada pola creatividade, o bo gusto e a implicación da veciñanza.

As propostas participantes destacaron pola súa iluminación, deseño, orixinalidade e uso de materiais sostibles, enchendo rúas e fogares de ambiente festivo durante as festas.

Desde o Concello de San Cibrao queremos felicitar ás persoas premiadas e agradecer a todas as que participaron por contribuír a crear un Nadal máis luminoso e acolledor en San Cibrao das Viñas. ✨🏠🎅