O Centro Multiusos acolleu o pasado 3 de xaneiro unha xornada de promoción do baloncesto.
O Club Baloncesto San Cibrao das Viñas disputou un partido de exhibición fronte a unha selección de antigos xogadores. Nas bancadas, moitos nenos e nenas que se anotaron para participar, despois, nunha gimkana cos propios xogadores do equipo local.
No descanso do partido houbo unha demostración da Escola Municipal de Baile. Como colofón, o alcalde, Pedro Fernández, e a concelleira Marta Nóvoa entregaron agasallos a todos os participantes.