Ruta B A Laxe y vuelta

6.4 Km
1h. 50'
Difícil?
Nombre:
Ruta B
Recorrido:
Circular
Salida/Llegada:
Saída
Altitud máxima:
382 metros
Altitud mínima:
290 metros
Recomendaciones:

Descargas:

Comezamos na área recreativa da Boutureira, onde andaremos a pista forestal en dirección leste. Esta ruta discurre tamén en sentido contrario das agullas do reloxio.

Nesta andaina pasaremos por pazos e muiños. Os nosos pazos están estreitamente vencellados coa cultura popular, baste lembrar a gran cantidade de lendas, contos e poesías que ao longo da historia convertéronos en protagonistas do medio rural.

Recomendamos preparar a andaina cos datos desta páxina. Se xa estás no lugar preme no botón “Segue a ruta no teu móbil” para ter a información paso a paso.

Ruta-B-curvas-nivel

Puntos de interés

1. Salida: A Boutureira

Como dicimos máis arriba, saímos da área recrativa da Boutureira, unha das moitas zonas de lecer ao ar libre esparexidas polos 43Km2 do territorio municipal.

A contorna é magnifica: Un río que discorre, temporalmente, calmo grazas á represa natural entre árbores señoriais. A zona conta –entre outras instalacións– con mesas de pedra para o goce de xantares e merendas na natureza.

0.02 Km
0'

2. Árbores e paraxes naturais

A Boutureira, en realidade o concello enteiro, está vertebrada polos ríos Barbaña e Barbadás,  protagonistas da beleza medioambiental do noso territorio. A natureza foi criando multitude de paraxes naturais, para que desfrutemos dun medio ambiente puro e cheo de enerxía. Nesta ruta poderemos apreciar diferentes especies de árbores, arbustos e plantas.

Entre as árbores: carballo común –Quercus robur–, freixo –Fraxinus excelsior–, castiñeiro –Castanea sativa–, amieiro –Alnus glutinosa–, sobreira –Quercus suber L.– e érbedo –Arbutus unedo–.

E entre as plantas: herba de San Xoán –Hypericum perforatum–, chantaxe –Plantago maior–, árnica –Arnica montana–, hedra común –Hedera helix–, e bolsa de pastor –Capsella bursa-pastoris–.

0.85 Km
15'

3. Muiño da Boutureira

Fermoso muíño de auga, no que se distingue un corpo rectangular con tellado a dúas augas construído con cachotes de pedra da zona.

0.96 Km
17'

4. Pazo de Rego

Edificio de planta rectangular alongada, construído en cantaría e nalgún caso con pedra labrada. Destaca o fermoso patio interior cunha fonte grande, adornado cunha gran balaustrada. É patrimonio cultural e o seu estado de conservación é bo. Actualmente ten un uso residencial-privado.

Esta xoia da cultura galaica ten, coma todos os pazos, unha orixe arquitectónica que se remonta aos castelos e fortalezas medievais e á súa posterior transformación civil ao inicio da Idade Moderna. Son casas fidalgas edificadas no campo, de proporcións e formas máis suntuosas e superiores que as do habitat normal da zona.

4.58 Km
1h. 19'

5. Pazo de Laxe

Atopámolo no lugar de Laxe. Un edificio de planta rectangular alongada construído en  cantaría, con algunha pedra labrada. Dátase a súa construción nos comezos do s. XIX. No conxunto destaca unha impoñente cheminea que indica que nun tempo esta foi unha gran casa señorial. Conta cun gran xardín, cruceiro, hórreo, e fonte. Non está nun perfecto estado de conservación xa que se fixeron reformas pouco acordes co orixinal. Está considerado patrimonio cultural.

Os seus interiores están pechados ao público, xa que na actualidade o seu uso é residencial privado, polo que contemplaremos a longa balconada e gozaremos do seu xardín.

4.94 Km
1h. 25'

6. Chegada: A Boutureira

E como a ruta é circular chegamos á  saída. Agardamos que vos prestara.

Lembramos a responsabilidade que debemos ter respecto á contorna e os seres vivos. Se queres levar algo, que sexan recordos nunha cámara. É responsabilidade de todos e todas deixar a natureza como estaba,  sen pegadas do noso paso.

6.4 Km
1h. 50'