Documentación necesaria

Instancia solicitando a legalización, dirixida á Sr. Alcalde do Concello de San Cibrao das Viñas. Na solicitude deberán incluirse os seguintes datos:

Datos do solicitante:

  • Nome.
  • DNI.
  • No caso de ser unha persoa xurídica a que solicite a licencia, ademais dos datos anteriormente indicados, deberá incluir o nome ou razón social da empresa solicitante.
  • Enderezo exacto para notificacións (rúa, número de edificio, planta e letra do piso, nome da aldea ou cidade, código postal, email). É recomendable incluir un teléfono e/ou un enderezo electrónico de contacto.

Datos do edificio a legalizar:

  • Enderezo exacto das obras (rúa, nº do edificio, planta e letra do piso, nome da aldea, cidade, código postal).
  • Referencia catastral da finca ou edificio no que se realizarán as obras.

Outra documentación

Outra documentación que sería recomendable entregar sería:

  • Dous exemplares do expediente de legalización, redactado por técnico competente e visado polo colexio profesional correspondente.
  • Abono das taxas e impostos municipais: O abono ten que efectuarse no momento de presentar a solicitude, (2,40% do orzamento indicado).
  • No caso de ser unha persoa xurídica a que solicite a licenza, copia da escritura da constitución da sociedade, na que figure o obxeto da entidade e copia da escritura do poder de representación da persoa que actúe en nome da entidade.
  • No caso de tratarse dunha edificación de uso residencial (vivenda unifamiliar ou edificio de vivendas) non é preciso solicitar licencia de ocupación.
  • No caso de tratarse dunha edificación de uso non residencial (terciario, industrial, agrícola, gandeiro, etc) é preciso solicitar licencia de apertura do establecemento.

Impreso da solicitude

Formulario de solicitude de legalizacion | Documento Acrobat Reader, 25KB