Documentación necesaria
Instancia solicitando licenza municipal de obra, dirixida o Sr. Alcalde do Concello de San Cibrao das Viñas. Na solicitude deberán incluírse os seguintes datos:
Datos do solicitante:
- Nome.
- DNI.
- No caso de ser unha persoa xurídica a que solicite a licencia, ademais dos datos anteriormente indicados, deberá incluir o nome ou razón social da empresa solicitante.
- Enderezo exacto para notificacións (rúa, número de edificio, planta e letra do piso, nome da aldea ou cidade, código postal, email). É recomendable incluir un teléfono e/ou un enderezo electrónico de contacto.
Datos da obra:
- Enderezo exacto das obras (rúa, nº do edificio, planta e letra do piso, nome da aldea ou cidade, código postal).
- Referencia catastral da finca ou edificio no que se realizarán as obras.
Outra documentación
- Dous exemplares do proxecto técnico, redactado por técnico competente e visado polo colexio profesional correspondente.
- Impreso de estatística de edificación.
- Oficios de dirección de obra, visado polo colexio profesional do técnico ou técnicos encargados da dirección de obra.
- Estudio de Seguridade e Saúde ou Estudio Básico de Seguridade e Saúde na Obra, redactado por técnico competente e visado polo colexio profesional correspondente.
- Abono das taxas e impostos municipais: O abono ten que efectuarse no momento de presentar a solicitude, (0,2% taxa e o 2,2% imposto do orzamento indicado).
- No caso de ser unha persoa xurídica a que solicite a licencia, copia da escritura da constitución da sociedade, na que figure o obxecto da entidade e copia da escritura do poder de representación da persoa que actúe e nome da entidade.
Impreso da solicitude
Formulario de solicitude de obra | Documento Acrobat Reader, 142KB