Documentación necesaria
Instancia solicitando licencia municipal de segregación, agrupación ou reparcelación de fincas, dirixida á Sr. Alcalde do Concello de San Cibrao das Viñas. Na solicitude deberán incluirse os seguintes datos:
Datos do solicitante:
- Nome.
- DNI.
- No caso de ser unha persoa xurídica a que solicite a licencia, ademais dos datos anteriormente indicados, deberá incluir o nome ou razón social da empresa solicitante.
- Enderezo exacto para notificacións (rúa, número de edificio, planta e letra do piso, nome da aldea ou cidade, código postal, email). É recomendable incluir un teléfono e/ou un enderezo electrónico de contacto.
Datos das fincas afectadas:
- Enderezo exacto das fincas (rúa, nº do edificio, planta e letra do piso, nome da aldea, cidade, código postal).
- As referencias catastrais das fincas.
Outra documentación
- Dous exemplares do expediente urbanístico para agrupación, segregación ou reparcelación, redactado por técnico competente e visado polo colexio profesional correspondente.
- Abono das taxas e impostos municipais: O abono ten que efectuarse no momento de presentar a solicitude, (0,10% do valor das fincas afectadas).
- Documentación acreditativa da propiedade das fincas.
Impreso da solicitude
Formulario de solicitude de licenza | Documento Acrobat Reader, 30KB