Campaña de Compostaxe 2017

O Concello de San Cibrao das Viñas e a Deputación de Ourense, iniciarán unha Campaña de Compostaxe Doméstica 2017

A campaña consistirá na realización dunha XORNADA FORMATIVA para todos aqueles interesados na compostaxe doméstica. Entre os participantes REPARTIRÁSE UN COMPOSTEIRO POR RIGUROSA ORDE DE INSCRICIÓN  e realizaráse un SEGUIMENTO DO MESMO

PARA INSCRIBIRSE NA CAMPAÑA

Será necesario cubrir unha ficha de adhesión que se lle facilitará nas oficinas do Concello. AS PRAZAS SON LIMITADAS