Hoxe abre o prazo para solicitar as axudas para a Hostalaría e outros pemes e autónomos afectados polas restricións e peches tales como hoteis, hostais, casas rurais e outros aloxamentos.
O primeiro programa está dotado de 12 millóns de euros destinase ao sector hostaleiro e tamén aloxamentos de toda a Comunidade Autónoma.
Destinatarios: persoas autónomas con ou sen persoal contratado, microempresas e pemes do sector hostalería afectadas polo peche conforme a normativa sanitaria.
Enténdese por peche non poder abrir o interior do establecemento, independentemente da terraza ou servizo a domicilio ou a recoller.
Partida: 12 millóns de euros.
O prazo para presentar as solicitudes arranca hoxe e estará aberto durante un mes (23 de marzo) .
Tramitación en liña
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través de formulario dispoñible na páxina web da Xunta de Galicia. https://sede.xunta.gal.
Requisitos:
-Ter domicilio fiscal en Galicia.
-Desenvolver a actividade nun concello galego afectado polo peche segundo os decretos e ordes publicadas dende o 4 de xaneiro de 2021.
Todos os establecementos que a soliciten deben estar ao corrente das súas obrigas tributarias, non ter pendente de pago ningunha outra débeda coa Administración Pública e someterse a actuacións de control, entre outros requisitos máis específicos.
Importante:
Poderá eximirse do requisito de estar ao corrente das obrigas tributarias no momento da solicitude da axuda sempre que:
- a débeda non supere o 80% da axuda solicitada
- a persoa se comprometa a saldar as débedas no prazo de 15 días naturais desde a recepción do anticipo da axuda (unha vez satisfeita a débeda, terá que comunicalo)
O importe ao que accederán os beneficiarios do programa de apoio ao sector da hostalaría determinarase en función da data de peche do mesmo.
Deste xeito:
- Aqueles que tiveron que pechar as súas portas o 27 de xaneiro percibirán un total de 1.900€ ;
- Os que pecharon o día 21 de Xaneiro percibirán un total de 2.200€
- Os que resultaran afectados polo peche perimetral en dous ou máis decretos poderán percibir uns 2.700€
*Nos establecementos que den emprego a 10 ou máis persoas incrementarase a axuda en 1.000€
A orde publicada no DOG recolle que estas axudas concédense por cada establecemento afectado polo que os titulares que teñan máis dun negocio neste sector terán pleno dereito a solicitalas e deberase presentar nun só documento con todos os establecementos.
Compromisos:
- Cumprir coas medidas de publicidade da axuda e do financiamento público.
- Someterse a actuacións de control, comprobación e inspección que se determinen.
Ademais desta liña de axudas, un segundo programa destinado a outras actividades que tiveron que pechar polas restricións impostas como consecuencia da pandemia está dotado de 3 millóns de euros.
Os destinatarios son: persoas autónomas con ou sen persoal contratado, microempresas e pemes en actividades económicas diferentes da hostalería e afectadas polo peche conforme a normativa sanitaria.
Podes ampliar información nos documento adxunto.