A Biblioteca Municipal de San Cibrao das Viñas vén cargada de novidades! Queremos seguir sendo un espazo de aprendizaxe, creatividade e diversión para os máis pequenos da casa.
Actividades na biblioteca:
📚 Clases de Inglés
-
Cando: Todos os mércores, de 18:00 a 19:00 horas
-
Para quen: Nenas e nenos de 4 a 10 anos empadroados no Concello de San Cibrao ou cun dos seus proxenitores empadroado
-
Comezo: 1 de outubro
📖 Contacontos
-
Cando: O primeiro venres de cada mes, de 18:00 a 19:00 horas
-
Para quen: Nenas e nenos de 3 a 8 anos empadroados no Concello de San Cibrao ou cun dos seus proxenitores empadroado
-
Comezo: 3 de outubro
🌟 Club de Aventuras Literarias
-
Cando: O terceiro venres de cada mes, de 18:00 a 19:00 horas
-
Para quen: Nenas e nenos de 7 a 13 anos empadroados no Concello de San Cibrao ou cun dos seus proxenitores empadroado
-
Comezo: 17 de outubro
📅 Prazo de inscrición: do 18 ao 25 de setembro
👉 Non perdas a oportunidade de participar! As prazas son limitadas.
