O Concello de San Cibrao das Viñas organiza as seguintes actividades deportivas dirixidas a nenos empadroados no Concello para o curso escolar 2021/2022.
O prazo de inscrición é do 1 ao 17 de setembro no Concello. Realizaranse as seguintes actividades no caso de que se reúna un número suficiente de participantes para o seu correcto desenvolvemento e sempre que as condicións sanitarias establecidas pola Administración o permitan:
Fútbol Sala no Polideportivo · Inicio o 4 de outubro.
- De 8 a 14 anos. Luns e mércores de 18 a 19h.
- De 4 a 7 anos. Martes e xoves de 18 a 19h.
Zumba Kids no ximnasio de Ponte Noalla · Inicio o 1 de outubro.
- De 4 a 8 anos. Venres de 18 a 19h.
- De 9 a 14 anos. Venres de 19 a 20h.
Basket e Minibasket no Polideportivo. Inicio o 1 de outubro.
- De 5 a 14 anos. Venres de 18 a 19h.
Axedrez na Biblioteca · Inicio o 1 de outubro.
- De 6 a 18 anos. Venres de 18 a 19h.