Hoxe actívase o segundo Plan de Rescate da Xunta (75M€) para que hostaleiros, autónomos e pequenos empresarios en dificultades económicas poidan solicitar axudas e empezar a recibilas inmediatamente.
Como novidade os negocios con débedas tributarias poderán acollerse tamén as novas axudas.
Desta forma a Xunta da resposta as demandas dos sectores afectados pola pandemia e garante o acceso as axudas públicas aos quen teñen pequenas deudas e ten pechadas as portas de outras administracións: o feito de non estar ao corrente con Facenda non impedirá que os pequenos empresarios ou autónomos galegos adquiran a condición de beneficiarios das axudas do II Plan de Rescate.
Todas as axudas do segundo Plan de Rescate son complementarias e acumulables ata un máximo de 15.700 euros por negocio, e compatibles cos importes recibidos no primeiro plan. Deste xeito, un negocio que se beneficie de ambos programas poderá percibir en catro meses axudas que van dun mínimo de 3.400 euros ata un máximo de 24.200 euros.
As persoas traballadoras autónomas e microempresas poderán solicitar os apoios desde hoxe e no prazo dun mes. Para acceder ás axudas deberán acreditar baixadas de facturación en 2020 de polo menos o 45% fronte aos datos de 2019.
Autónomos
Para os autónomos establécese unha escala que vai dos 1.200 aos 3.000 euros de axuda directa. As contías serán máis elevadas para os empresarios que teñan máis caídas na facturación. Así, establécese un baremo a partir de 1.200 euros para baixas na facturación de entre o 45% e 60%; 2.000 euros (entre o 60% e o 70%) e de 3.000 euros nos casos máis graves (caída do 70% ou máis).
Microempresas
Para microempresas e persoas traballadoras autónomas con persoal ao seu cargo, os apoios irán dos 4.000 aos 9.000 euros. Tamén neste caso adáptanse as contías en función das perdas: 4.000 euros (de -45% a -60%), 5.000 euros (entre -60% e -70%) e 6.000 euros (-70% ou máis). Estas cantidades incrementaranse de acordo co número de persoas traballadoras ao cargo, percibindo os empresarios 1.000 euros a maiores se contan de 4 a 9 empregados; 2.000 euros máis en negocios entre 10 e 20 empregados; e 3.000 euros con cadros de persoal de 21 a 25 persoas.
Dúbidas
A Xunta, ademais, para resolver calquera dúbida sobre este programa de axudas e outros plans da Consellería de Emprego e Igualdade ten activa a aplicación móbil (app) Gohu, a liña de teléfono 900 815 600 e a conta de correo electrónico hola@gohu.es para informar en todo momento das novidades. A App pódese descargar para teléfonos con iOS na ligazón https://apps.apple.com/es/app/gohu/id1458130660 e para Android en https://play.google.com/store/apps/details?id=com.nedaware.postall. Ambas as dúas ligazóns están dispoñibles na páxina web: www.gohu.es.
A tramitación dos novos apoios realizarase unha vez máis de xeito áxil, con pouca burocracia, o que permitirá que os primeiros pagos cheguen en cuestión de días, antes incluso de que remate o prazo de solicitude, como ocorreu co primeiro plan.
Estas son as primeiras axudas do plan de rescate, o luns publicaranse outras axudas directas para a hostalería e outras actividades cerradas, todas elas acumulables entre sí.
Máis información nos documentos adxuntos.