Acondicionados os accesos e a sinalización na area recreativa de a Boutureira

O Concello de San Cibrao das Viñas investiu 60.567 euros no acondicionamento do acceso á zona recreativa de A Botureira desde a estrada provincial.

Esta actuación completouse cunha mellor sinalización deste fermoso enclave.

Os traballos consistiron na mellora do firme das pistas con sábrego e na reparación das beiravías.

Este entramado de camiños forestais forma parte das rutas de sendeirismo do Concello e acolle a xa tradicional Andaina, prevista para o 17 de setembro.