Ábrese o prazo de matrícula para a escola municipal de música

prazo de matrícula escola municipal de música

Aberto o prazo de matrícula para o curso 2021/2022 na Escola Municipal de Música de San Cibrao das Viñas.
(SÓ NOVAS MATRÍCULAS)

Prazo de matriculación: dende o día 1 ao 10 de Setembro.

 

Modalidades:

-Música e movemento para nenos e nenas de 4 a 6 anos: Pode ser ou martes ou venres (a convir cos profesores) en Horario de 17:45 a 18:30.

-Percusión

-Vento - Madeira: flauta, clarinete e saxofón.

-Vento - Metal: trompeta, trompa, trombón, bombardino e tuba.

Horarios e días a convir cos profesores.

 

Todas as persoas interesadas en anotarse na Escola Municipal de Música deberán estar empadroadas en San Cibrao das Viñas (sexan os propios alumnos ou algún dos seus pais ou titores, no caso de ser menores).

 

Para formalizar a reserva de praza deberán achegarse ás oficinas do Concello e cumprimentar una ficha de inscrición, adxuntando necesariamente unha foto carné.


PRAZAS LIMITADAS

 

*O desenvolvemento das clases quedará condicionado a que se reuna o número suficiente de alumnos/as necesario para a súa correcta realización.

 

-En todo caso, sempre que as condicións sanitarias establecidas pola Administración nese momento o permitan.